terça-feira, 15 de setembro de 2015

ARRAIANO MAIOR

SÁBADO, 19 de SETEMBRO
14:00 horas
Restaurante O Cubano
LÓBIOS
COMEMOS COM 
ISAAC ALONSO ESTRAVIZ
 ARRAIANO MAIOR de 2015


Isaac Díaz Pardo e Isaac A. Estraviz no IGI (Foto: I.C.)


POSTERIORMENTE
às 5 da tarde
ACTO DE ENTREGA DO PRÉMIO
ARRAIANO MAIOR
O professor Estraviz com alunado das Aulas Sénior da Universidade de Vigo


Isaac Alonso Estraviz: Arraiano maior 2015

(Manuel Rivero Pérez)


Para a cultura galego-portuguesa, e tamén universal, o próximo día 19 de setembro é un día grande dos grandes, moi importante para todos nós, dado que, corresponde escoller esa persoa de ben, referente ético, xeneroso, intelectual e comprometido coa cultura e o territorio arraiano.

Este ano o Arraiano Maior é Isaac Alonso Estraviz e o lugar de encontro é ese espazo máxico e sagrado da capela da Nosa Señora do Xurés, un dos puntos cósmicos do mundo arraiano.

Isaac, ten unha historia de vida moi significativa, ampla, plural e creativa, que nos está a aportar valor de forma continua e con insistencia.

Home sincero, humilde, e auténtico, en quen non hai dobrez nin engano. Intelectual comprometido, fonte de sabedoría, el é nestes momentos o Pastor Maior da Palabra do mundo galego-portugués.

Isaac traballou sen descanso para que o galego recuperase o seu esplendor e deixase de ser unha lingua empobrecida, tolleita e doente.

Home de formación sólida e ampla nos campos da lingüística, da literatura e da historia. Deste enorme caudal creador destaca esa obra maestra em papel e internet que é o Dicionário da Língua Galego-Portuguesa (o e-Estraviz no Portal Galego da Língua, con xogos didácticos para brincar coas palabras, atualmente máis de 133.000).

Este Dicionário, dirixido maxistralmente e actualizado pola mao experta do mestre-artesano Estraviz- é unha explosión de luz no universo da língua.

Isaac, nós estamos orgullosos de ti, sabemos que:

1. Es valente para mudar todo aquilo que hai que mudar e se pode mudar.

2. Tranquilo, por esperar para mudar aquilo que hai que mudar e de momento non se pode. 

3. Sabio, por saber diferenciar unha situación da outra. 

Ás túas múltiples facetas de profesor, lexicógrafo, tradutor, editor e activista cultural, xúntase a de Arraiano Maior.

Estamos seguros de que a túa dimensión intelectual -ese saber dinamizar- axudará a crear as sinerxias que sirvan de guía a modo de farol e marquen o rumbo dos arraianos neste ano apaixoante que temos por diante.

Amigo Estraviz, por ser como es, sempre terás a nosa admiración, gratitude e cariño.


Nota: o preço do menu é de 15 euros. SMS ou whatsapp: 676 59 00 35

Sem comentários:

Enviar um comentário